ghose 📚 reviewed La parábola del sembrador by Octavia E. Butler (Earthseed, #1)
Déixase ler
3 stars
Admito que o feito de que non haxa zombis (clásicos), que a diversidade racial sexa realista, que o heróe non sexa un señor branco ex-militar viuvo/divorciado , que o cambio climático desencadea a catástrofe causada polo capitalismo... son puntos a favor.
Que unha postadolescente cree unha relixión a medida (un refrito filosófico) non me convenceu case nada. É un vehículo para o marco moral en tempos de crise, para darlle sentido á vida no medio do caos.
Todo xira en función desta idea dunha rapaza moi sensata para a súa idade, cunha autoridade e determinación sobre a que gravitan todos os outros desgraciados seres.
Déixase ler, pero é un argumento coñecido: nace (e faise) unha heroína; crise existencial (drama) e toma do poder (asumir a responsabilidade)
