ghose 📚⁂ reviewed Los desposeídos by Matilde Horne
Para reflexión e cuestionamento.
4 stars
cometín o erro de tardar demasiado en poñer a miña atención no contexto que enmarca a historia. Tanto esta como os personaxes son un vehículo para expoñer a comparación entre dous modelos económicos e sociais, tanto as súas eivas como fortalezas, os compromisos que requiren para a súa adopción e as forzas históricas que os impulsaron. Non é unha proposición pesimista, se non que apela á responsabilidade individual respecto do colectivo e as decisións que este toma para o conxunto da cidadanía. Escrito hai moitas décadas, pero certos diagnósticos respecto a Terra non fixeron máis que confirmarse, así que as consecuencias tamén son previsibles (isto si que da máis repelús). Moi interesantes tamén as reflexións sobre a realidade percibida en relación a experiencias pasadas e expectativas futuras, explicadas en relación á definición do tempo (o transcurrir das cousas, a secuencialidade que lle chaman na novela). Recoñezo que me costou …
cometín o erro de tardar demasiado en poñer a miña atención no contexto que enmarca a historia. Tanto esta como os personaxes son un vehículo para expoñer a comparación entre dous modelos económicos e sociais, tanto as súas eivas como fortalezas, os compromisos que requiren para a súa adopción e as forzas históricas que os impulsaron. Non é unha proposición pesimista, se non que apela á responsabilidade individual respecto do colectivo e as decisións que este toma para o conxunto da cidadanía. Escrito hai moitas décadas, pero certos diagnósticos respecto a Terra non fixeron máis que confirmarse, así que as consecuencias tamén son previsibles (isto si que da máis repelús). Moi interesantes tamén as reflexións sobre a realidade percibida en relación a experiencias pasadas e expectativas futuras, explicadas en relación á definición do tempo (o transcurrir das cousas, a secuencialidade que lle chaman na novela). Recoñezo que me costou moito sentir entusiasmo ao ler, tiven que esforzarme, pero creo que se debe ao tipo de novelas que leo, onde «pasan cousas», e aquí os personaxes explícanse moito a si mesmos. Non é demérito, tampouco o conto como algo negativo, só describo como me sentín ao ler.