Good to Go

What the Athlete in All of Us Can Learn from the Strange Science of Recovery

Hardcover, 312 pages

Published Feb. 5, 2019 by W. W. Norton & Company.

ISBN:
978-0-393-25433-4
Copied ISBN!

View on OpenLibrary

3 stars (1 review)

3 editions

sen sorpresas: durmir e ter fe¹

3 stars

O libro trata desde unha perspectiva analítica a efectividade dos diferentes métodos de RECUPERACIÓN física/mental para persoas que fan deporte (analiza datos, os estudos dispoñibles no momento de escribilo) Ao pouco de comezar o libro xa tiven a sospeita de que ía ser «decepcionante», no sentido de que non había ningún método milagroso que acelerase.

Non trata sobre aumentar o rendemento (directamente), nin a resistencia, forza, etc., se non sobre asimilar o adestramento e recuperarse do esforzo.

Desde diferentes formas de crioterapia, pasando por formas de controlar a inflamación, aumentar o fluxo sanguíneo, infravermellos de diferente lonxitude de onda, ... non hai ningunha forma que de xeito concluínte demostre a súa efectividade de forma significativa como si o fai durmir.

Certo, todas elas teñen lexións de seguidoras e practicantes, pero parece existir un compoñente sicolóxico moi forte, en canto a adhesión á práctica como a sentir que funciona …