A filla do minotauro

This book might be part of the Costa Oeste series.

Neste libro cóntasenos unha historia de aventuras (xénero que leva practicando a autora dende sempre) sobre unha organización clandestina dedicada a salvar obras de arte. Unha novela vibrante que nos deixa sen alento xa dende as primeiras liñas e que, entre outras cousas, nos fará entender que somos, tamén, o noso patrimonio, a historia que nos construíu, o que outras e outros, antes, fixeron por nós. Unha novela, en definitiva, que as e os seareiros da vizosa obra de Marilar Aleixandre recoñecerán como unha das mellores entre as súas.

Paperback, 188 pages

galego language

Published Oct. 3, 2018 by Editorial Galaxia, S.A..

Show more
ISBN:
978-84-9151-189-2
Copied ISBN!

View on OpenLibrary

Reviews

SOLA NO PUEDES, CON AMIGUES SI

Antes de comezar a lectura xa sabía que era unha novela orientada a un público «xuvenil». Non son eu o target 🤡

É unha novela de aventura cun argumento máis que coñecido e repetido, pero a orixinalidade está na elección dos personaxes, con nomes que proveñen dunha memoria colectiva de milenios, que van explicando de xeito cándido o seu anaquiño de Historia, que fan que te atrapen nese lugar coñecido e amigable(!).

A autora mistura mitos antigos co desenvolvemento da aventura do presente, atendendo aos rasgos homéricos pero sen dubidar en mover o punto de vista do relato histórico para contar a perspectiva das perdedoras (case sempre mulleres).

Que pensaría Penélope cando o seu fillo, un incel de manual, lle soltou a michirulada aquela e fuxiu do disgusto? Que cabrón o Teseo, que tiña moitos traballos que facer e atender, pero que lle fixo un feo …