O lume

Lists

Un inmenso asteroide aproxímase á Terra en traxectoria de colisión. Alexander Yorba, afamado arquitecto de mediana idade, é o encargado de idear e erguer con urxencia unha colonia lunar para asegurar a superviviencia da humanidade ante o inevitable desastre. Inmerso nesa contrucción, diagnostícanlle un tumor cerebral en fase terminal; apenas lle quedan de vida os mesmos meses que faltan para que o asteroide colida co noso planeta. Este dramático feito fai que reconsidere a súa propia natureza profesional e persoal, o que o leva a renunciar aos seus labores na …

256 pages

Galego language

Published by Demo Editorial.

Show more
ISBN:
978-84-126120-0-4
Copied ISBN!

Reviews

O Lume: A polémica feminista

No noso club de lectura houbo bastante polémica con este libro. Ninguén discutiu a forza expresiva do debuxo de David Rubín, mais non sucedeu o mesmo cos texto. Coido que, en xeral, as persoas que o criticaron era porque non están afeitas á lectura de novelas gráficas. Na miña opinión o libro é moi bo. Non te deixa indiferente, e trae fortes sentimentos de pesar, angustia, e mesmo depresión. Isto non sucedería se a obra non fose boa. Co que tivemos unha certa polémica é sobre se esta obra era feminista, non o era ou mesmo se era machista. Como explico no comentario, a súa lectura veu precedida por unha certa polémica porque renunciou a participar nos Premios da Crítica de Dolmen Editorial por non haber mulleres entre os finalistas. Porén, como moitas das compañeiras do faladoiro apuntaran, temos que dicir que o cómic non supera o test de Bechdel. …