ghose 📚 reviewed Momo by Michael Ende (Alfaguara Juvenil)
Notas na memoria
5 stars
Perfecto non é, ou pode que si, pero eu creo que non. Casiopea é o mellor personaxe da novela (faise co escenario). Bueno igual non é para tanto, pero imaxínoa moi cuqui. Teño que mirar en que ano se escribeu a novela, por como describe a súa sociedade contemporánea creo que lle daría un parrús se nos ve hoxe en día. Non ter termpo xa era moeda común, pode que desde sempre utilizamos a frase como excusa e o autor deulle corpo nesta historia a esa vaguedade.
O disfraz de novela xuvenil quédalle curto, non se pode ocultar o Terror detrás da ausencia de subordinadas e personaxes sen aparentes dobreces. Spoiler: Momo é varios personaxes, desde psicóloga comunitaria e animadora sociocultural a Perseo on a mission.
A descrición que fai da apropiación do xogo que fan os homes de gris (o capitalismo, a mecanización do traballo, a …
Perfecto non é, ou pode que si, pero eu creo que non. Casiopea é o mellor personaxe da novela (faise co escenario). Bueno igual non é para tanto, pero imaxínoa moi cuqui. Teño que mirar en que ano se escribeu a novela, por como describe a súa sociedade contemporánea creo que lle daría un parrús se nos ve hoxe en día. Non ter termpo xa era moeda común, pode que desde sempre utilizamos a frase como excusa e o autor deulle corpo nesta historia a esa vaguedade.
O disfraz de novela xuvenil quédalle curto, non se pode ocultar o Terror detrás da ausencia de subordinadas e personaxes sen aparentes dobreces. Spoiler: Momo é varios personaxes, desde psicóloga comunitaria e animadora sociocultural a Perseo on a mission.
A descrición que fai da apropiación do xogo que fan os homes de gris (o capitalismo, a mecanización do traballo, a optimización, eficiencia, productividade) probablemente foi o que me causou maior impresión, por apuntar con certeza.
Podería fiar estas ideas que me veñen á cabeza e escribir un texto coherente, mais non vai ser.